Transparencia | Prensa | Contacto |
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, poñemos no seu coñecemento que a empresa titular de www.carreradelamujer.com (o “Site”) é SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U., con domicilio social en C/ Nestares 20, 28045 Madrid, España (o “Titular do Site”).
O acceso e/ou uso do Site atribúelle a Ud. a condición de USUARIO, e implica a súa plena aceptación, desde o momento do seu primeiro acceso e/ou uso, das Condicións Xerais de Uso do Site que aquí lle detallamos. Estas Condicións Xerais de Uso do Site aplícanse á navegación que Ud. realice no Site. Se, ademais, Ud. realiza algún acto de subscrición ou contratación en liña dos bens e servizos ofertados no Site, tales actos e contratos rexeranse polas Condicións de Contratación que lle indicaremos en cada caso.
O Site proporciona, ao Usuario, acceso a multitude de informacións, servizos, ferramentas, programas ou datos (os “Contidos”). Os Contidos son propiedade do Titular do Site ou dos licenciantes e provedores deste.
O Usuario accede ao Site baixo a súa responsabilidade persoal, comprometéndose, en particular, a respectar os Contidos, a cumprir as instrucións que no seu caso lle indique o Titular do Site e, en todo momento, e en particular durante o proceso de rexistro, a facilitar información veraz e lícita. Se, como parte do proceso de rexistro, se lle proporciona un contrasinal, o Usuario responderá de conservalo reservado e de usalo por si mesmo, sen comunicalo a, nin permitir o seu uso por, terceiras persoas.
Comprométese a facer un uso adecuado do Site, así como dos contidos e servizos que se ofrecen nel e, en particular, dos servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias. En particular, o Usuario obrígase a non empregar nin o Site nin os servizos antes expresados para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Titular do Site ou de terceiros, ou introducir, propagar ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de usuario, correo electrónico, ou perfís en redes sociais, doutros usuarios ou terceiros, e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.
O Titular do Site resérvase o dereito de retirar, sen previo aviso, todos aqueles contidos xerados polo Usuario -en particular, comentarios e achegas en chats, foros de discusión ou grupos de noticias- que, a criterio do Titular do Site, poidan considerarse vulneradores do respecto á dignidade da persoa, discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen axeitados para a súa publicación. En calquera caso, SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U. non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.
O Titular do Site cumpre a lexislación europea e nacional vixente en cada momento, e vela para garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do Usuario. Por iso, sempre que recabe o consentimento do Usuario para tratar datos de carácter persoal, este será previa e detalladamente informado dos datos que van ser obxecto de tratamento, base xurídica e fins do mesmo, identidade e datos de contacto do responsable, tempo durante o que os datos van ser tratados ou criterios dos que dependa a duración do tratamento, dereitos que asisten ao Usuario titular dos datos e maneira de exercelos, así como os demais extremos esixidos en cada caso polo Dereito vixente, remitíndolle sempre á Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais do Titular do Site. O consentimento para o tratamento dos datos recabarase sempre mediante casiñas non marcadas por defecto (opt-in).
Así mesmo, en cumprimento do ordenado na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, solicitarase en igual forma o consentimento do Usuario para calquera envío electrónico de información comercial ou publicitaria.
O Titular do Site, por si ou como licenciataria ou cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os Contidos e calquera outros elementos incluídos no Site (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Todos os dereitos sobre os Contidos e calquera outros elementos incluídos no Site quedan expresamente reservados a favor do Titular do Site e dos seus respectivos cedentes ou licenciantes.
Os contidos xerados polos Usuarios son propiedade de cada un destes. A inclusión dos mesmos no Site, a súa permanencia nel e a súa retirada, son prerrogativas exclusivas do Titular do Site. Polo simple feito de publicar no Site un contido xerado polo Usuario, este non adquire ningún dereito a que tal contido sexa publicado, mantido ou retirado do Site.
O Usuario concede ao Titular do Site, polo só feito da publicación dun contido xerado polo Usuario, unha licenza gratuíta, non exclusiva, libremente transferible aos terceiros que lle sucedan na titularidade do Site, e de ámbito territorial mundial, para publicar e manter ou retirar do Site, unha ou varias veces, segundo lle conveña ao Titular do Site, o contido xerado polo Usuario, alcance ou non, dito contido, o grao de orixinalidade necesario para ser protexido pola vixente lexislación en materia de Propiedade Intelectual, tanto española como internacional.
O uso do Site non atribúe ao Usuario ningún dereito subxectivo, facultade, dereito potestativo, expectativa ou posición xurídica sobre o Site, os Contidos ou calquera outros elementos incluídos nel, distintos do mero e simple feito de navegar por el.
En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a posta á disposición, da totalidade ou parte dos Contidos do Site, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa, expresa e por escrito do Titular do Site. O Usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial do Titular do Site e dos demais titulares de tales dereitos sobre os Contidos do Site. O Titular do poderá visualizar os elementos do Site e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O Usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección, sistema de seguridade ou medida electrónica para a xestión de dereitos, existente no Site.
O Titular do Site non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidera ocasionar a navegación polo Site e, en particular e sen prexuízo doutros, os erros ou omisións nos Contidos, a falta de dispoñibilidade do Site, ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
O Titular do Site resérvase o direito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu Site, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os Contidos e servizos que se presten a través del como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no Site, ou, incluso, deixar o mesmo completamente baleiro de calquera contido.
O Titular do Site utiliza cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación no Site., e mellorar a experiencia do Usuario do mesmo. As cookies asócianse unicamente a un Usuario, o seu ordenador e/ou o navegador utilizado polo Usuario para acceder ao Site. En ningún caso, as cookies utilizadas no Site permiten identificar ao Usuario. O Usuario pode configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación de cookies, e recoméndase que o faga así.
O detalle das cookies utilizadas no Site contémse na Política de Cookies do Titular do Site.
No caso de que no Site existan ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, o Usuario queda informado de que o Ttitular do Site carece de control sobre ditos sitios e contidos, salvo aqueles que sexan de titularidade do Titular do Site. En ningún caso o Titular do Site asume responsabilidade algunha sobre a dispoñibilidade de, ou accesibilidade a, os contidos de algún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
O Titular do Site resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Site e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.
O Titular do Site perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu Site exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
O Titular do Site poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes até que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
A relación entre o Titular do Site e o Usuario réxese polo Dereito español común, incluíndo o Dereito da Unión Europea e o establecido nos Tratados e Convenios Internacionais nos que España sexa parte.
Calquera controversia que poida xurdir entre o Titular do Site e o Usuario queda sometida, na medida permitida polo Dereito vixente en cada momento, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.