Transparencia | Prensa | Contacto |
SABÍAS QUE AS PACIENTES DE CANCRO DE MAMA TEÑEN UN MAIOR RISCO DE SOFRIR UN LINFEDEMA SECUNDARIO?
O linfedema é a inflamación que se produce nos tecidos como consecuencia da acumulación de linfa, o líquido que normalmente se drena a través do sistema linfático. Linfedema secundario, é aquel que se desenvolve por alteracións dos vasos linfáticos ou dos ganglios, e que se producen de forma posterior ao nacemento, neste caso polos seguintes motivos (Fonte: https://fedeal.org/linfedema/):
Preto de 1 millón de persoas en España padece linfedema e calcúlase que cada ano, só en linfedemas secundarios asociados a intervencións de cancro de mama, 3.000 mulleres os desenvolven cada ano no noso país (Fonte: Cocemfe Madrid).
Hoxe en día as pacientes oncolóxicas seguen sen ser informadas dos posibles riscos dos tratamentos e intervencións oncolóxicas, como é o linfedema secundario. Os pacientes, en moitas ocasións, atópanse indefensos ante o sistema que lles deixa desprotexidos. Incluso falta moita formación entre os propios médicos da sanidade pública que en moitas ocasións ofrecen diagnósticos tardíos. É dicir, despois de ser intervida de cancro de mama, as pacientes seguen sen ser informadas da posibilidade de padecer un linfedema secundario.
Máis do 90% das persoas que acoden a adelprise co brazo inflamado despois de ter padecido un cancro de mama non coñecían a existencia do linfedema, segundo os datos que recollemos en ADELPRISE.
Como che podemos axudar desde a entidade?
Na asociación dedicámonos principalmente a acoller e axudar ás persoas afectadas cando son diagnosticadas ou cando teñen sospeita de padecer linfedema. Nesa acollida orientámolas, asesorámolas acerca dos recursos existentes e dos profesionais aos que poden acudir, dámoslles toda a información da que dispoñemos en ADELPRISE, informámolas dos tratamentos existentes e das pezas de compresión. Ademais, ofrecemos outros servizos, apoio e traballos que ofrecemos e realizamos desde a asociación:
Que reivindicamos desde ADELPRISE?
Cremos que hai necesidade de crear unidades de linfedema cun equipo multidisciplinar que traballe en coordinación desde os diferentes ámbitos. Ademais, é moi importante que se realicen diagnósticos temperás e controlar o edema. Do mesmo xeito que reivindicamos a importancia de que as persoas afectadas por cancro de mama sexan informadas e se lles expliquen os posibles riscos, neste caso, que se lles explique que é un linfedema secundario e cando pode aparecer.