Transparencia | Prensa | Contacto |
A mazá Filla dos Alpes, patrocinadora oficial da Carreira, celebrou o seu 30 aniversario cun concurso internacional creativo. O chef 3 Estrelas Michelin, Norbert Niederkofler, reinterpreta as mellores receitas para ofrecerche pratos moi top.
As cinco variedades de Marlene® (Golden Delicious, Fuji, Royal Gala, Red Delicious e Granny Smith) chegan á edición 2026 da Marea Rosa como fonte indiscutible, non só de sabor, senón tamén de inspiración.
No recente concurso internacional Marlene® celebra 30 anos, co que celebrou o seu trigésimo aniversario, a Filla dos Alpes alentou a milleiros de persoas a vincular sabor, territorio, paixón e emoción a través de diferentes propostas artísticas. Un concurso que recoñecía a creatividade das persoas participantes en catro categorías: Arte, Cociña, Música e Literatura.
As mellores receitas sorprenderon un xurado internacional de expertos pola súa capacidade para unir sabor, aromas, texturas, creatividade e paixón. Agora, o chef Norbert Niederkofler, 3 Estrelas Michelin, reinterpreta algunhas das mellores receitas do concurso para darlles un toque moi top. Niederkofler propón pratos saudables e sinxelos, como este: Lingua de tenreira con chalotas glaseadas con mazá. Unha receita inspirada na idea concursante: Costela a baixa temperatura con puré de patacas, chalotas confitadas e crocante de mazá.
A lingua de tenreira é unha carne rica en proteínas, perfecta para quen adestra a diario ou está a prepararse para o gran evento de Xixón do 21 de xuño. Unha receita chea de sabor e nutrientes, fácil de preparar e con ese matiz especial ao padal da variedade Fuji de Marlene®: crocante, compacta, zumarenta, doce e aromática. Abondan moi poucos ingredientes para obter este prato estrela: lingua de tenreira, apio, cenoria, cebola, mazás Fuji Marlene®, cebolas chalotas, manteiga, allo, vinagre de mazá e herbas aromáticas.
Preparada para seguir a inspiración de Niederkofler na cociña? Segue o paso a paso da receita nesta páxina.
Marlene® convídache así a ver a mazá como unha musa inspiradora. A través das receitas reinterpretadas de Nobert Niderkofler descubrirás como a mazá sempre foi moito máis ca unha froita; un universo de suxestións que permanece vixente a través dos séculos, cargado de valores e capaz de reflectir emocións universais. Unha fonte de inspiración que esperta a imaxinación e a creatividade, co don de poder transformarse en arte, en calquera das súas formas.
Descubre o mundo Marlene® tamén nas súas redes sociais: Facebook Marlene® / IG: @marlenespain #soymarlene