Transparencia | Prensa | Contacto |
Hoxe presentouse oficialmente no Concello da Coruña a esperada próxima edición da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana que se celebra este domingo 28 de setembro a partir das 10h. A cidade galega volverá acoller unha das principais citas do circuíto da Carreira da Muller e o bonito percorrido de algo máis de 6,3km volverá tinguirse de rosa, cor das camisetas oficiais Oysho que recibirán as 8.000 participantes que, ademais de participar na proba, se sumarán tras cruzar a meta na avenida de Buenos Aires (xunto ao complexo deportivo Riazor) ao espectacular e animado festival de fitness e aeróbic de máis dunha hora de duración, da man de Termaria Casa da Auga, Ballet Fit e Zumba.
Ao acto de presentación acudiron Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Montse Vázquez; presidenta Bolboretas Coruña (entidade beneficiaria do proxecto de +SolidariAs este ano); Marta Núñez, de ACADAR; e Henar Calleja, portavoz da Carreira da Muller.
A feira da corredora desenvolverase como é habitual nas últimas edicións este venres de 16 a 20h e o sábado de 10 a 14 e de 16 a 20h en Palexco.
Durante a rolda de prensa, rendeuse homenaxe á Asociación “A Ciencia é feminino” dentro do proxecto #MásQueUnaMuñeca que o ano pasado presentou o modelo de boneca científica e este ano de astronauta. O premio recollérono as científicas galegas: Isabel Fernández, Victoria Otero, Blanca Laffón, Ana González, Amparo Casares, Vanesa Valdeiglesias e Rosalía García.
“A Ciencia é feminino” é o programa de radio de CUAC FM sobre científicas galegas que se emite cada 15 días os domingos de 12 a 13 horas no 103.4 FM. As mulleres e a ciencia estiveron xuntas desde o principio dos tempos, pero comezaron a aparecer nos libros e para o gran público hai moi pouco.
O domingo, xusto antes da saída, renderase tamén unha merecida homenaxe á coruñesa Julia Benedetti, olímpica galega en skateboarding nos Xogos de Tokyo e de París. Benedetti é un exemplo para todas as mulleres deportistas e un referente para as nenas que queren chegar a ser deportistas de elite.
Dentro das iniciativas solidarias da proba, volverá ser posible conseguir un dos 50 dorsais totalmente solidarios a favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), unha entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade, e coa que a organización da carreira leva colaborando directamente varios anos.
Na sección +SolidariAs este ano na Coruña destacamos a Bolboretas Coruña Dragon Boat, unha asociación deportiva e cultural sen ánimo de lucro, formada integramente por persoas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade e que practican a modalidade deportiva de Dragon Boat, que axuda a minimizar e mellorar as secuelas tanto físicas (a máis frecuente o linfedema), como psicolóxicas que quedan tras as cirurxías e tratamentos.
Un grupo de mulleres apoiadas por ACNUR correrán a carreira convidadas pola organización. Este tipo de iniciativas son valiosas para crear vencellos entre as participantes e co territorio de acollida. Ademais, esta acción é fundamental polo empoderamento e a forza que achegan ás corredoras e o gran labor de sensibilización que leva a cabo e que axuda a que pouco a pouco máis persoas coñezan a enorme tarefa que realizan entidades como ACNUR en todo o territorio español.
A Fundación do RC Deportivo regalará 1.000 entradas para o partido do Deportivo feminino contra o Madrid CFF do domingo 28 ás 16h. Entregaranse nun stand en meta ás participantes da Carreira da Muller que desexen acudir ao partido.
En 2025 o obxectivo seguirá sendo difundir a práctica do running e do exercicio aeróbico entre as mulleres de todas as idades, loitar contra o cancro, recadar fondos para promover a súa investigación e concienciar sobre a importancia da súa prevención anticipada, así como combater a violencia de xénero (todas as participantes levan o dorsal 016, teléfono de atención ás vítimas de violencia machista) e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos.
Ao finalizar o circuíto realizarase unha achega á Asociación Española Contra o Cancro de 90.000 euros, e tamén se farán doazóns de 1.000€ a Wanawake Mujer que loita contra a mutilación xenital feminina e outras formas de violencia cara ás mulleres; Fundación GEICAM, líderes en investigación en cancro de mama; e a Asociación Clara Campoamor que defende os dereitos da muller en todos os ámbitos.
En 2025 a Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico estará tamén na Coruña. O movemento #laMquefalta, posto en marcha pola Alianza Daiichi Sankyo | AstraZeneca e a Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico (ACMM), chama á acción de cidadáns, empresas e institucións para visibilizar o estadio metastásico do cancro de mama e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade. A conversa sobre cancro de mama está incompleta se non se fala de metástase, e actualmente é pouco coñecida pola poboación. Con este movemento quérese incidir especialmente nas particularidades, o abordaxe e as necesidades dos pacientes con cancro de mama metastásico que afecta cada ano a máis persoas no noso país.
O circuíto nacional da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana 2025 conta co patrocinio principal de Central Lechera Asturiana, Oysho e Banco Santander, xunto a TotalEnergies e Marlene coa colaboración de Batiste, Cosmo TV, DIAL e Daiichi-Sankyo Astrazeneca. Volvo é o vehículo oficial, MRW a mensaxería e Renfe é o tren da Carreira da Muller. A proba conta co apoio do Concello da Coruña, e o patrocinio a nivel local de Ziaja, Fundación San Rafael, Northius, Gadis, Nordés Ancín, La Voz de Galicia, Fontarel, Nayarit, La Piadina e Termaria, a casa da auga.
Inscricións: www.carreradelamujer.com/muj-a-coruna
CALENDARIO 2025
GRAN CANARIA 23 marzo
VALÈNCIA 30 marzo
MADRID 11 maio
VITORIA - GASTEIZ 1 xuño
GIJÓN 8 xuño
A CORUÑA 21 setembro
ZARAGOZA 19 outubro
BARCELONA 16 novembro
SEVILLA 23 novembro