Transparencia | Prensa | Contacto |
XIV Carreira da Muller da Coruña “Central Lechera Asturiana”.
Será a sexta proba do XXII Circuíto Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana”. Estará organizado pola área de EVENTOS DEPORTES do grupo Sport Life Ibérica, S.A., coa colaboración do Concello da Coruña.
É unha carreira de 6,3 km, que se celebrará o domingo 27 de setembro de 2026 na cidade da Coruña, a partir das 10:00 horas. O tempo máximo para completar o percorrido será de 1 hora e 30 minutos. O prezo da inscrición é de 13,95 € (inclúe IVE e gastos de xestión de Deporticket) e 14,95 € na última semana.
Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas mulleres maiores de 8 anos que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como en forma.
A proba disputarase sobre un percorrido duns 6,3 quilómetros, totalmente urbanos. A saída e a meta estarán na Avda. de Buenos Aires, xunto ao Complexo Deportivo de Riazor.
Establécense as seguintes categorías:
Categorías individuais (Anos cumpridos o día da proba)
- Absoluta
- 8 a 11 anos
- 12 a 15 anos
- 16 a 19 anos
- Sénior: 20 a 34 anos
- Veteranas A (de 35 a 44 anos)
- Veteranas B (de 45 a 54 anos)
- Veteranas C (de 55 a 64 anos)
- Veteranas D (de 65 a 74 anos)
- Veteranas E (de 75 anos en diante)
- Nais
- Avoas
- Bisavoas
- Discapacitadas
Categorías por equipos:
- 3 irmás
- 2 irmás
- 2 Cuñadas
- Nai e filla
- Nai e 2 fillas
- Tía e sobriña
- Parellas de Feito / Matrimonios
- Avoa, nai e neta
- Sogra e nora
- 2 amigas
- 3 amigas
- Ximnasios e Clubs de Atletismo (equipos de 3 mulleres)
- Empresas (equipos de 3 mulleres)
- Centros Escolares (Mínimo 6 corredoras)
- Asociacións de mulleres (Trofeo á Asociación con máis chegadas a meta e aos equipos máis rápidos de 3 compoñentes)
Prezo inscrición: 13,95 € (inclúe IVE e gastos de xestión de Deporticket), desde o mércores 15 de xullo e ata o domingo 20 de setembro de 2026, ás 23:59 horas. E será de 14,95 € desde o luns 21 de setembro ao venres 25 de setembro ás 11:59 horas; ou ata que se esgoten os 7.500 dorsais dispoñibles. Abonaranse no momento de apuntarse na páxina web da carreira: www.carreradelamujer.com.
Tamén se porán á venda dorsais solidarios a 20,95 € cada un (doazón íntegra) a beneficio de ACADAR.
Se sodes un grupo de 20 ou máis mulleres, escribe un mail a carreradelamujer@slib.es e facilitarémosvos un método de inscrición por grupo.
Non se admiten inscricións o día da proba.
Ofrecemos a posibilidade de enviar ao domicilio da inscrita o dorsal, coa camiseta e a bolsa da corredora; previo pagamento dos gastos de envío (5,45 € envío individual, e 7,45 € envío de grupo de dous ou tres compoñentes). Só se poderán enviar a aquelas mulleres que se inscriban antes do venres 4 de setembro ás 23:59 horas ou ata esgotar o cupo de envíos dispoñible. Os envíos só se realizan á península. Non se realizan envíos a Baleares, Ceuta, Melilla e Canarias).
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o importe da mesma baixo ningunha circunstancia, agás que a proba fose suspendida polas autoridades municipais ou sanitarias.
A feira será en Palexco, Peirao de Trasatlánticos, s/n. Venres 25 de setembro de 16 a 20h e sábado 26 de setembro de 10 a 14h e de 16 a 19h.
É imprescindible presentar impreso o email de confirmación da inscrición que envía a organización, o DNI ou o resgardo da inscrición no momento da recollida. Valerá tamén en formato dixital (PDF no teléfono ou foto do DNI da inscrita e todas as inscritas).
NOTA: As tallas das camisetas entregaranse por estrita orde de recollida do dorsal-chip. A organización non garante poder entregar a todas as participantes a talla de camiseta que soliciten, xa que a produción das mesmas se realiza con data anterior á apertura de inscricións.
O chip é desbotable e entrégase co dorsal, pois vai pegado detrás do mesmo. Todas as participantes levarán o chip no dorsal e este deberá colocarse no peito. É necesario correr co dorsal/ chip para poder establecer a clasificación por categorías e por equipos de todas as corredoras.
A Organización contará con ambulancias de evacuación e UVI medicalizadas, cun servizo médico especializado ao servizo das corredoras, como mínimo no número que establecen as leis e as autoridades competentes na materia. As ambulancias estarán presentes ao longo do percorrido, na saída e na meta.
A clasificación xeral oficiosa, así como moitas fotos das participantes chegando a meta, publicaranse na páxina web www.carreradelamujer.com. As clasificacións por equipos realizaranse mediante a suma dos tempos de todas as integrantes de cada equipo.
O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba:
Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba son os designados e acreditados pola Organización. Queda totalmente prohibido seguir ás corredoras en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidese supoñer para as atletas.
Establécense trofeos para as tres primeiras de cada categoría. No momento da entrega de trofeos, a organización poderá solicitar aos equipos gañadores (nas categorías de empresas, ximnasios e asociacións) un certificado de pertenza ás mesmas. Tamén se poderá solicitar o libro de familia ao resto de gañadoras nas categorías familiares, así como o DNI nas categorías por grupos de idade.
A participación no evento está baixo a responsabilidade e propio risco das participantes. A participante, no momento da súa inscrición, manifesta atoparse fisicamente apta para o evento. A organización declina toda responsabilidade dos danos que as participantes poidan ocasionar ou derivar delas a terceiros/as durante a proba.
Ao inscribirse as participantes dan o seu consentimento para que Sport Life Ibérica, S.A, e os patrocinadores principais da Carreira da Muller (Central Lechera Asturiana, Oysho, Banco Santander), por si mesmos ou mediante terceiras entidades, traten automaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter persoal. De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a participante ten o dereito de acceder a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma total ou parcial o seu contido. Para facelo, deberase solicitar por escrito a Sport Life Ibérica, S.A. Eventos Sport Life, C/Nestares, 20, 28045 – Madrid). Así mesmo e de acordo cos intereses deportivos, de promoción e distribución e explotación da Carreira da Muller as inscritas autorizan de maneira expresa e sen límite temporal a Sport Life Ibérica, Central Lechera Asturiana, Oysho e Banco Santander o uso de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material fotográfico ou audiovisual no que poida figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación, cine e/ou Internet, sen esperar retribución ningunha por este concepto.
Poden chamar ao teléfono 913470093 de luns a venres de 10 a 14 horas, para solicitar calquera tipo de información, ou no email carreradelamujer@slib.es
En caso de dúbida, a organización aterase ao estipulado na regulamentación oficial de World Athletics (WA).