A Coruña

27.09.26

A Coruña

Inscricións
Santander
Oysho

Nordés Ancín coa #MareaRosa

23/09/2025
Nordés Ancín coa #MareaRosa

Un ano máis, en Nordés Ancín renovamos o noso patrocinio da Carreira da Muller, que se celebrará o 28 de setembro na Coruña, e sumámonos á #MareaRosa.

Esta iniciativa reforza o noso compromiso coa Responsabilidade Social Corporativa e con aquelas causas que marcan a diferenza: a loita contra o cancro, a defensa da igualdade de xénero e da inclusión, así como a promoción de hábitos de vida saudables.

En Nordés Ancín cremos que o deporte vai moito máis alá do exercicio físico: é un motor de transformación social, unha maneira de vivir, de superarse e de compartir valores como o esforzo, a solidariedade e o respecto. Forma parte do que somos e do que queremos transmitir. Por iso, promovemos un estilo de vida saudable entre quen nos rodea e apoiamos activamente iniciativas que inspiran a avanzar xuntos, con enerxía e propósito.

As inscricións estarán abertas ata o día 26 de setembro en https://www.carreradelamujer.com/.

Moitas das nosas traballadoras uniránse á marea rosa e desde Nordés Ancín animámosvos a inscribirvos e seguir sumando.

Este ano, incluiremos como agasallo nas 8.000 bolsas das corredoras unha braga multifuncional para que o rosa inunde a cidade!

Vémonos na carreira!

Para ti...

Patrocinador Principal

Patrocinadores Ouro

Patrocinadores Prata

Patrocinadores Bronce

Provedor loxístico oficial

Correos Express

Vehículo oficial

Volvo

Institucións

Patrocinadores locais

Colaboradores locais

Beneficiarios