A Coruña

27.09.26

A Coruña

Inscricións
Santander
Oysho

Máis de 8.000 mulleres sumáronse á Marea Rosa da Coruña

28/09/2025
Máis de 8.000 mulleres sumáronse á Marea Rosa da Coruña

Hoxe celebrouse a Carreira da Muller Central Lechera Asturiana da Coruña 2025 con máis de 8.000 participantes, récord histórico de participación, que tinguiron de rosa o asfalto galego nunha mañá deportiva, solidaria e reivindicativa do papel da muller no mundo do deporte e na sociedade en xeral. Ángela Viciosa (do Oysho Running Club) logrou a súa primeira vitoria liderando a “marea rosa” coruñesa, sexta proba do circuíto nacional, e foi a primeira muller en meta tras o bonito percorrido de 6,3 km, situado nas inmediacións do complexo deportivo de Riazor.

As máis de 8.000 mulleres, que completaron os algo máis de 5 km, sumáronse á proba para visibilizar a promoción do deporte feminino, a solidariedade, a loita contra o cancro de mama e contra a violencia de xénero. Tras cruzar a meta, uníronse a un completísimo festival de fitness e aeróbic dunha hora de duración co que se puxo fin á xornada, da man de Termaria Casa da Auga, Ballet Fit e Zumba.

Antes da saída rendeuse unha emotiva homenaxe á olímpica galega Julia Benedetti, olímpica en skateboarding nos Xogos de Tokyo e de París. Benedetti é un exemplo para todas as mulleres deportistas e un referente para as nenas que queren chegar a ser deportistas de elite.

Ángela Viciosa, do Oysho Running Club, liderou a “Marea Rosa” da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana da Coruña parando o crono en Riazor en 22’50, aventaxando case nun minuto a súa compañeira de equipo Alicia Álvarez, segunda corredora en meta. A terceira clasificada foi Lara Solsona (23:55), e o top-5 en meta completárono Alba Porto, cuarta, e Penélope Martínez, quinta da xeral.

En 2025 o obxectivo seguirá sendo difundir a práctica do running e do exercicio aeróbico entre as mulleres de todas as idades, loitar contra o cancro, recadar fondos para promover a súa investigación e concienciar sobre a importancia da súa prevención anticipada, así como combater a violencia de xénero e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos.

Ao finalizar o circuíto realizarase unha achega á Asociación Española Contra o Cancro de 90.000 euros, e tamén se farán doazóns de 1.000€ a Wanawake Mujer, que loita contra a mutilación xenital feminina e outras formas de violencia contra as mulleres; Fundación GEICAM, líderes en investigación en cancro de mama; e a Asociación Clara Campoamor, que defende os dereitos da muller en todos os ámbitos.

Dentro das iniciativas solidarias da proba, foi posible conseguir un dos 50 dorsais totalmente solidarios a favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), unha entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade, e coa que a organización da carreira leva colaborando directamente varios anos.

Na sección +SolidariAs este ano na Coruña destacouse a Bolboretas Coruña Dragon Boat, unha asociación deportiva e cultural sen ánimo de lucro, formada integramente por persoas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade e que practican a modalidade deportiva de Dragon Boat, que axuda a minimizar e mellorar as secuelas tanto físicas (a máis frecuente o linfedema), como psicolóxicas que quedan tras as cirurxías e tratamentos.

Un grupo de mulleres apoiadas por ACNUR correrán a carreira convidadas pola organización. Este tipo de iniciativas son valiosas para crear vencellos entre as participantes e co territorio de acollida. Ademais, esta acción é fundamental polo empoderamento e a forza que achegan ás corredoras e pola gran labor de sensibilización que leva a cabo e que axuda a que pouco a pouco máis persoas coñezan a enorme tarefa que realizan entidades como ACNUR en todo o territorio español.

A Fundación do RC Deportivo regalou 1.000 entradas para o partido do Deportivo feminino contra o Madrid CFF de hoxe domingo 28 ás 16h. Entregaranse nun stand en meta ás participantes da Carreira da Muller que desexen acudir ao partido.

En 2025 o obxectivo seguirá sendo difundir a práctica do running e do exercicio aeróbico entre as mulleres de todas as idades, loitar contra o cancro, recadar fondos para promover a súa investigación e concienciar sobre a importancia da súa prevención anticipada, así como combater a violencia de xénero (todas as participantes lucen o dorsal 016, teléfono de atención ás vítimas de violencia machista9) e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos.

En 2025 a Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico estará tamén na Coruña. O movemento #laMquefalta, posto en marcha pola Alianza Daiichi Sankyo | AstraZeneca e a Asociación Española de Cáncer de Mama Metastásico (ACMM), chama á acción de cidadáns, empresas e institucións para visibilizar o estadio metastásico do cancro de mama e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade. A conversación sobre o cancro de mama está incompleta se non se fala de metástases, e actualmente é pouco coñecida pola poboación. Con este movemento quérese incidir especialmente nas peculiaridades, o abordaxe e as necesidades das pacientes con cancro de mama metastásico que afecta cada ano a máis persoas no noso país.

O circuíto nacional da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana 2025 conta co patrocinio principal de Central Lechera Asturiana, Oysho e Banco Santander, xunto a TotalEnergies e Marlene coa colaboración de Batiste, Cosmo TV, DIAL e Daiichi-Sankyo Astrazeneca. Volvo é o vehículo oficial, MRW a mensaxería e Renfe é o tren da Carreira da Muller. A proba conta co apoio do Concello da Coruña, e o patrocinio a nivel local de Ziaja, Fundación San Rafael, Northius, Gadis, Nordés Ancín, La Voz de Galicia, Fontarel, Nayarit, La Piadina e Termaria, a casa da auga.

 

CLASIFICACIÓN CARREIRA DA MULLER CENTRAL LECHERA ASTURIANA DA CORUÑA 2025

1. Ángela Viciosa 22:50

2. Alicia Álvarez 23:39

3. Lara Solsona 23:55

4. Alba Porto 25:15

5. Penélope Martínez 25:31

 

CALENDARIO 2025

GRAN CANARIA          23 marzo

VALÈNCIA                   30 marzo

MADRID                      11 maio

VITORIA - GASTEIZ     1 xuño

GIJÓN                          8 xuño

A CORUÑA                  21 setembro

ZARAGOZA                 19 outubro

BARCELONA               16 novembro

SEVILLA                       23 novembro

Máis de 8.000 mulleres sumáronse á Marea Rosa da Coruña
Máis de 8.000 mulleres sumáronse á Marea Rosa da Coruña

Para ti...

Patrocinador Principal

Patrocinadores Ouro

Patrocinadores Prata

Patrocinadores Bronce

Provedor loxístico oficial

Correos Express

Vehículo oficial

Volvo

Institucións

Patrocinadores locais

Colaboradores locais

Beneficiarios