A Coruña

27.09.26

A Coruña

Inscricións
Santander
Oysho

Un ano máis a Carreira da Muller da Coruña con ACADAR

20/08/2026
Un ano máis a Carreira da Muller da Coruña con ACADAR

Un ano máis a Carreira da Muller da Coruña con ACADAR

ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2009 e declarada de utilidade pública en 2020, en recoñecemento ao seu labor e compromiso social. A misión da entidade é promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida. Desde hai 17 anos, ACADAR visibiliza e actúa sobre os diferentes factores que condicionan a autonomía das mulleres e nenas con discapacidade, que poden situalas nunha posición de maior discriminación e desigualdade.

Desde os seus inicios, ACADAR traballa desde unha perspectiva feminista e interseccional. Desenvolve diferentes programas e actividades centrados no empoderamento, a saúde mental, a inclusión sociolaboral, o lecer e o deporte accesibles, a educación en igualdade, a prevención da violencia e a sexualidade.

Estes programas inclúen tanto apoio individual como grupal ás mulleres participantes e abordan múltiples aspectos: autocoñecemento e autocoidado, saúde e benestar, a vivencia saudable da sexualidade, identificación e prevención das violencias, o desenvolvemento de habilidades laborais, o apoio e a participación comunitaria. Este traballo complétase con accións de formación e sensibilización dirixidas a profesionais, familias, centros educativos e á sociedade en xeral; unha ampla comunidade, clave para facer posible o labor de ACADAR.

Entre as diferentes vías de colaboración, a Carreira da Muller é un evento de gran importancia para visibilizar a diversidade e o dereito de participación nun deporte accesible. Podes contribuír ao labor de ACADAR a través da Carreira da Muller, adquirindo un dos seus dorsais 100% solidarios, na súa páxina web www.carreradelamujer.com.

Na Feira da Corredora, ACADAR contará cun stand informativo onde se poderán recoller os dorsais 100% solidarios: venres 25 (16:00 - 20:00) e sábado 26 (10:00 - 14:00 / 16:00 – 19:00) en Palexco (Peirao de Trasatlánticos, s/n, 15003 A Coruña). O día da carreira, ACADAR tamén contará cun stand informativo na zona de saída/meta (Av. Buenos Aires - A Coruña). Estes tres días poderás coñecer de preto os seus proxectos, actividades e servizos dedicados á mellora da calidade de vida das mulleres e nenas con discapacidade. Achégate!

Se queres colaborar con ACADAR tamén podes facerte socio/socia, participar en actividades ou contribuír nas súas iniciativas ao longo do ano. Para máis información, están á túa disposición diferentes vías de contacto:

Para ti...

Patrocinador Principal

Patrocinadores Ouro

Patrocinadores Prata

Patrocinadores Bronce

Provedor loxístico oficial

Correos Express

Vehículo oficial

Volvo

Institucións

Patrocinadores locais

Colaboradores locais

Beneficiarios