Transparencia | Prensa | Contacto |
O 27 de setembro ás 10.00h da mañá arrancará unha nova edición da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana na Coruña.
Todas as participantes recibirán a camiseta oficial Oysho da proba en tecido 100% reciclado, xunto co seu dorsal e a bolsa da corredora. Todo se recollerá na Feira da Carreira da Muller que terá lugar en PALEXCO (Peirao de Trasatlánticos, s/n) o venres 25 de setembro de 16.00 a 20.00h e o sábado 26 de setembro de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.00 horas.
Alí ademais poderemos visitar os stand das marcas patrocinadoras e dos proxectos solidarios que este ano participan na Carreira da Muller. A entrada á feira é gratuíta.
A Carreira da Muller é un evento que se goza máis con amigas ou en familia (hai todo tipo de categorías de premios para equipos como nai e filla, sogra e nora, tía e sobriña..!). Lembra que se non o fixeches e queres formar un equipo para competir nunha destas clasificacións, podes facelo na zona de Incidencias/Solucións da feira da corredora. Ver categorías AQUÍ.
A Carreira da Muller pódese facer correndo ou camiñando, non importa o ritmo, o que conta é poñerte en acción.