Transparencia | Prensa | Contacto |
Venres 17 de outubro
18:00 a 19:00
Unha masterclass exclusiva para mulleres onde se fará a iniciación á técnica do pilates xunto con exercicios dinámicos de tonificación co obxectivo de coidar e traballar de forma disciplinada o abdome e chan pélvico.
Esta técnica pode axudarche a previr e mellorar a túa saúde ademais de facerte sentir con máis forza e coidar do teu corpo.
Únete este día a participar onde todas sumamos e faremos un gran equipo co obxectivo do coidado da saúde integral da muller.
Non te esquezas de traer a esterilla!
Prezo: Inscrición gratuíta.
Sábado 18 de outubro
10:30 a 11:30
Aoife Mc Gale, Educadora en Menopausa e creadora de Menopausa Positiva, ensínanos as claves para afrontar a menopausa estando EQUIPADAS e EMPODERADAS.
A menopausa é un momento de cambio e pode ser todo un desafío. Con información podemos entender o que ocorre durante esta etapa e tomar as decisións adecuadas para optimizar a experiencia da menopausa e a nosa saúde, benestar e calidade de vida.
Neste obradoiro aprenderás de que maneira os hábitos saudables e unha mentalidade positiva son grandes aliados da muller nesta etapa. Con información e sendo proactiva podes chegar á Meta Menopausa Positiva, un momento de cambio positivo para a muller, con vitalidade e forza feminina.
Se es muller de 40+, en perimenopausa ou postmenopausa, aprende que podes esperar desta etapa e equípate con información actual e recursos para estar ao mando da túa menopausa.
Prezo: Inscrición gratuíta. Non perdas esta charla con tempo para preguntas e respostas!
Sábado 18 de outubro
11:30 a 12:30
Apúntate a esta clase e iníciate nos hipopresivos aprendendo esta técnica postural e respiratoria, especialmente na apnea (sen aire nos pulmóns), para fortalecer a musculatura abdominal profunda e o chan pélvico sen aumentar a presión interna.
Non te esquezas de traer a esterilla!
Prezo: Inscrición gratuíta ata completar aforo.
Sábado 18 de outubro
16:00 a 18:00
O tiro con arco ofrece beneficios físicos como o fortalecemento muscular do brazo e das costas, a mellora da circulación linfática e a redución do linfedema, especialmente tras tratamentos oncolóxicos. A nivel psicolóxico, axuda a reducir a ansiedade, o estrés e mellora a concentración, a coordinación e a autoconfianza, ademais de crear un espazo de apoio social entre pacientes.
Beneficios Físicos
-Fortalecemento muscular: A práctica do tiro con arco fortalece os músculos do brazo, das costas e dos ombreiros, mellorando a mobilidade e a forza xeral.
-Prevención e tratamento do linfedema: A vibración e o movemento dos músculos ao tensar e soltar o arco actúan como unha suave masaxe linfática, promovendo a drenaxe e reducindo a acumulación de líquido no brazo, que pode ser unha consecuencia da cirurxía ou radioterapia.
-Mellora da postura: A postura correcta e recta requirida para lanzar o arco fortalece as costas, o que pode mellorar a postura xeral e aliviar tensións.
-Exercitación da cintura escapular: O tiro con arco traballa especificamente a cintura escapular (ombreiros e omóplatos), unha zona importante que a miúdo se deixa de exercitar despois de certos tratamentos, como a mastectomía.
Beneficios Psicolóxicos e Emocionais
-Redución da ansiedade e do estrés: A concentración necesaria para enfocar e lanzar a frecha axuda a diminuír a ansiedade e a liberar o estrés asociado á enfermidade.
-Mellora da concentración e coordinación: O deporte require unha grande concentración e coordinación, o que pode mellorar estas habilidades no día a día dos pacientes.
-Aumento da autoconfianza: Recuperar a mobilidade do brazo e sentir que se pode usar de novo fortalece a seguridade e a tranquilidade dos pacientes.
-Apoio social: A práctica en grupo ofrece un espazo de convivencia e apoio mutuo entre pacientes, permitindo compartir experiencias e sentirse parte dunha comunidade.
Asistencia con entrada gratuíta.
Sábado 18 de outubro
18:00 a 20:00
Únete a ésta Master Class de Zumba® Fitness por unha boa causa e adestra dun xeito divertido ao ritmo de música alegre.
A continuación teremos unha Demo de Strong Nation™, un adestramento de alta intensidade que combina elementos de combate con música EDM, en diferentes niveis para motivarte a desafiar os teus límites!
E para pechar, Circl Mobility™, unha clase baseada en exercicios de flexibilidade, respiración e mobilidade, ideal para resetear o teu corpo en tan só 12min.
Prezo: 3€ (Doazón íntegra para Wanawake Mujer, inclúe unha pulseira masai de agasallo).