Gran Canaria

15.03.26 - 10 h

Gran Canaria

Resultados
Santander
Oysho

V Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana” de Gran Canaria

Será a primeira proba do XXII Circuíto da Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana”. Estará organizada pola Área de Eventos Deportes de Sport Life Ibérica, en colaboración co Cabildo de Gran Canaria e o Concello de Las Palmas de Gran Canaria.

HORARIOS

Celebrarase o domingo 15 de marzo de 2026 a partir das 10:00 horas, con saída diferenciada entre corredoras e andadoras.

PARTICIPACIÓN EXCLUSIVA PARA MULLERES

Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas mulleres maiores de 8 anos que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como en forma.

PROHIBIDA A PARTICIPACIÓN NA PROBA SEN O DORSAL OFICIAL DA MESMA.

DISTANCIA E PERCORRIDO

5 km con saída na Praza de Canarias (xunto ao intercambiador de guaguas) e chegada ao Auditorio Alfredo Kraus na Praia das Canteras.

INSCRICIÓNS

Prezo inscrición: 13,95 € (inclúe impostos e gastos de xestión) dende o xoves 8 de xaneiro ás 00:01 horas e ata o domingo 8 de marzo ás 23:59 horas.

A partir do luns 9 de marzo e ata o venres 13 de marzo ás 20:00 horas o prezo será de 14,95 €.

Abonaranse no momento de apuntarse na páxina web da carreira e ata completar as 4.000 inscricións dispoñibles.

No caso de haber inscricións dispoñibles, poderanse facer o sábado 14, en persoa, na zona de entrega de dorsais (incidencias), ao prezo de 20 €.

Ademais, haberá 100 dorsais solidarios a 20,95 € cada un (doazón íntegra) a beneficio da Asociación Canaria do Cancro de Mama e Xinecolóxico (ACCM): https://www.accmyg.org/

Se sodes un grupo de 20 ou máis mulleres, escribe un mail a carreradelamujer@slib.es e facilitarémosvos un método de inscrición por grupo.

Non se admiten inscricións o día da proba.

Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o importe da mesma baixo ningunha circunstancia, agás que a proba fose suspendida polas autoridades municipais ou sanitarias.

ENTREGA DA CAMISETA, DORSAL-CHIP E BOLSA DA CORREDORA

Sábado 14 de marzo de 10 a 20 horas no Centro Comercial Las Arenas (Ctra. del Rincón, s/n, Planta Terraza: https://cclasarenas.com/). Ao inscribirse, a participante elixirá franxas horarias ao realizar a inscrición (400 persoas por hora).

É imprescindible presentar impreso o email de confirmación da inscrición que envía a organización, o DNI ou o resgardo da inscrición no momento da recollida. Valerá tamén en formato dixital (PDF no teléfono ou foto do DNI da inscrita e todas as inscritas).

Tamén poderán recollerse no stand de merchandising da Carreira da Muller os produtos comprados previamente na web ao facer a inscrición.

CATEGORÍAS

Establécense as seguintes categorías:

Categorías individuais (anos cumpridos o día da proba)

- Absoluta

- 8 a 11 anos

- 12 a 15 anos

- 16 a 19 anos

- Sénior: 20 a 34 anos

- Veteranas A (de 35 a 44 anos)

- Veteranas B (de 45 a 54 anos)

- Veteranas C (de 55 a 64 anos)

- Veteranas D (de 65 a 74 anos)

- Veteranas E (de 75 anos en adiante)

- Nais

- Avoas

- Bisavoas

- Atletas con discapacidade

- Atletas en cadeira de rodas

Categorías por equipos (suma de tempos, agás centros escolares):

- 3 irmás

- 2 irmás

- 2 Cuñadas

- Nai e filla

- Nai e 2 fillas

- Tía e sobriña

- Parellas de Feito / Matrimoni​os

- Avoa, nai e neta

- Sogra e nora

- 2 amigas

- 3 amigas

- Ximnasios e Clubs de Atletismo (equipos de 3 mulleres)

- Empresas (equipos de 3 mulleres)

- Centros Escolares (clasificación por número de chegadas)

- Asociacións de mulleres (trofeos ás tres asociacións con máis chegadas á meta e ás tres máis rápidas en equipos de 3 compoñentes).

ENTREGA DE CHIPS

O chip de cronometraxe irá pegado no dorsal e non haberá que recollelo aparte nin entregalo o día da carreira. Só se poderá utilizar o chip achegado pola organización e non hai que devolvelo ao concluír a carreira.

ASISTENCIA MÉDICA

A Organización contará con ambulancias e un servicio médico especializado ao servicio das corredoras. As ambulancias estarán presentes ao longo do percorrido, na saída e na meta.

CLASIFICACIÓNS E DIPLOMA

A clasificación xeral oficiosa publicarase na páxina web www.carreradelamujer.com onde tamén se poderá descargar un diploma

DESCUALIFICACIÓNS

O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba:

A calquera atleta que manifeste un mal estado físico.

Á atleta que non realice o percorrido completo.

Á atleta que manifeste un comportamento non deportivo.

VEHÍCULOS

Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados e acreditados pola Organización. Queda totalmente prohibido seguir ás corredoras en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera supoñer para as atletas.

PREMIOS E TROFEOS

Establécense trofeos para as tres primeiras de cada categoría. No momento da entrega de trofeos, a organización poderá solicitar aos equipos gañadores (nas categorías de empresas, ximnasios e asociacións) un certificado de pertenza ás mesmas. Tamén se poderá solicitar o libro de familia ao resto de gañadoras nas categorías familiares, así como o DNI nas categorías por grupos de idade.

SEGURO DE ACCIDENTES

Todas as participantes estarán amparadas por un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil contratado pola organización. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén estarán excluídos os producidos por desprazamentos a/o dende o lugar no que se desenvolva a proba.

As participantes deberán atender en todo momento as indicacións realizadas pola Organización a través de voluntarios, técnicos, xuíces, persoal acreditado ou o servizo oficial de megafonía. Cada corredora participa na Carreira da Muller baixo a súa enteira responsabilidade e declara posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. A Organización recomenda a todas as corredoras realizar un recoñecemento médico e/ou unha proba de esforzo antes de tomar a saída.

A Organización declina toda responsabilidade dos danos que as participantes puideran sufrir ou causar a terceiros en horas posteriores á súa participación na carreira.

ACEPTACIÓN

Todas as participantes polo feito de formalizar a súa inscrición, aceptan o presente regulamento e, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 relativo á protección dos datos persoais das persoas físicas (RXPD), dan o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais achegados a través da súa inscrición así como da súa imaxe dentro da proba para os fins propios da organización, desenvolvemento e promoción da mesma, e con finalidade deportiva, promocional ou comercial. Estes datos serán incorporados a un ficheiro titularidade de Sport Life Ibérica, S.A.U., inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos. Informámoslle que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na devandita Lei a través de escrito dirixido ao domicilio social de Sport Life Ibérica, C/ Nestares, 20, 28045 - Madrid.

Para ti...

Patrocinador Principal

Institucións

Patrocinadores Ouro

Patrocinadores Prata

Patrocinadores Bronce

Transporte oficial

Proveedor logístico oficial

Correos Express

Patrocinadores locais

Colaboradores locais

Beneficiarios