Transparencia | Prensa | Contacto |
"Prepara as túas carreiras cos mellores plans de adestramento deseñados polos nosos expertos adestradores e goza con garantías da túa próxima carreira. E ten en conta que non todo é correr, polo que non esquezas completalos con exercicios de abdominais, nocellos, gomas, forza, e sempre remata estirando."
É un excelente antiestrés, ideal para perder peso, pódelos compartir cos amigos….todo é positivo no running menos as lesións. Estes son os exercicios que deberías facer cada día para evitalas.
Con un plan realista que combina camiñar e correr imos conseguir que nun mes esteas preparada para poder facer a Carreira da Muller Central Lechera Asturiana dun tirón sen ter que pasar a andar. ¿Aceptas o reto da marea rosa?
¿Queres correr a Carreira da Muller en forma? Apúntate ao noso plan "6 semanas e en forma"
Teñas o nivel que teñas, seguro que queres acadar un soño correndo: propoñémosche un plan de 12 semanas para correr un 10K en só 1 hora.
Non só de correr vive o corredor. Para conseguir un bo rendemento correndo temos que facer unha serie de exercicios que melloren a nosa forma física xeral. Aquí dámosche un plan completo que podes facer na casa e que che vai axudar a crear a base para logo correr máis quilómetros, máis rápido e con menos cansazo.
Non estirar despois de correr lévate tarde ou cedo a unha lesión. Serán os 10 minutos mellor investidos da túa sesión de adestramento. Nestes vídeos contamos que estiramentos debes facer e cal é a execución correcta de cada un deles.
Rodrigo Gavela, o director técnico da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana, analiza os principais erros que adoitan cometer os corredores populares e cóntanos con detalle como poñerlles solución.