Barcelona

22.11.26

Barcelona

Clasificacións 2025
Santander
Oysho

#MáisQueUnhaBoneca

#MáisQueUnhaBoneca

#MasQueUnaMuñeca ofrece a todas as corredoras da Carrera de la Mujer a oportunidade de formar parte no proceso de inclusión social e laboral de mulleres superviventes de diversas formas de violencia de xénero.

Este pin de tea con forma de boneca, que conta cunha gran variedade de modelos, é un produto de merchandising social e ético do que se venderon case 13.000 unidades e que fai posible que mulleres superviventes de violencia de xénero accedan a unha oportunidade laboral en cada unha das 8 cidades do circuíto.

Xunto a Wanawake Mujer e coa colaboración de Fundación Solidaridad Amaranta  e outras entidades sociais, ubicadas nas cidades ás que imos (Asociación Clara Campoamor, ONG Mestura, Fundación Ana Bella, etc) queremos lanzar unha mensaxe clara: o camiño cara a igualdade e o acceso a oportunidades de mulleres superviventes é máis fácil se todas nos unimos. #MasQueUnaMuñeca é o símbolo da nosa unión, unha boneca que fala de nós, delas, de todas, para conseguir unha sociedade máis equitativa e máis xusta na que as mulleres, ademais de participar, vexamos recoñecidos os nosos esforzos e dereitos.

Para demostrar o que somos capaces de facer entre todas, queremos contarvos os resultados  que logramos ao longo destes 8 anos, nos que máis de 50 mulleres tiveron acceso a unha oportunidade laboral que, para moitas delas foi a primeira no noso país. Pero, detrás de cada número hai un nome e unha vida e esta oportunidade supón para moitas un impulso no seu proceso de recuperación; para outras é unha experiencia no seu currículum e unha novidade nos traballos que desempeñaron ata ese momento; e para todas, un paso máis na súa inclusión social e laboral, que lles permite comprobar que seguen sendo importantes na nosa sociedade.

GRAZAS POR FACÉRDELO POSIBLE!

As nosas madriñas

As madriñas das nosas bonecas son mulleres loitadoras, incansables, que demostraron que se pode chegar ao máis alto con moitísimo esforzo. Mulleres que se converten en referentes visibles para milleiros de nenos, nenas e adultos e que demostran que o deporte tamén se escribe en feminino.

Gema Hassen-Bey Gema Hassen-Bey é campioa paralímpica de esgrima, fundadora de Bey Proaction e loitadora incansable pola visibilidade das mulleres e das persoas con capacidades diferentes. Queres ler a súa historia?
Amaya Valdemoro Amaya Valdemoro é xogadora de baloncesto, comentarista, blogueira e fundadora do Campus de baloncesto Amaya Valdemoro. Única española en gañar 3 aneis da WNBA e campioa de Europa coa selección. Queres ler a súa historia?
Rosa Fernández Rosa Fernández é a primeira muller española en alcanzar as sete cumbres máis altas de cada continente e fundadora do Club de ciclismo feminino Una a Una. Queres ler a súa historia?
Selina Moreno Selina Moreno é nadadora de ultrafondo e primeira muller española en conseguir a Triple Coroa (Canal da Mancha, Canal de Santa Catalina e rodear a Illa de Manhattan). Queres ler a súa historia?
Eva Castro Eva Castro é ciclista de four cross, descenso e enduro. Dez veces gañadora de España en Four Cross, medalla de bronce en Europa e varios podios en campionatos do mundo. Queres ler a súa historia?
Anita París Anita París é xogadora de fútbol sala na Unión Deportiva de Almería. Centrocampista e loitadora que compatibiliza o seu traballo coa súa paixón. Queres ler a súa historia?
Sara Alvarez Sara Alvarez, Judoka, once veces campioa de España e olímpica ata en tres ocasións (entre 1996 e 2004). Queres ler a súa historia?
Carmen Valero Carmen Valero, premiada e recoñecida atleta española que foi 23 veces campioa de España en diferentes distancias e modalidades, dúas veces campioa do mundo de cross e mellor atleta española do século XX. Queres ler a súa historia?

Os materiais

Para ti...

Patrocinador Principal

Patrocinadores Ouro

Patrocinadores Prata

Patrocinadores Bronce

Provedor loxístico oficial

Correos Express

Vehículo oficial

Volvo

Institucións

Transporte oficial

Patrocinadores locais

Colaboradores locais

Persoas beneficiarias